VISITALUCIA1A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, realizou na mañá deste sábado unha visita aos alumnos e alumnas das escolas deportivas que o Club Deportivo Amfiv ten na cidade. Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Lucía Molares quiso compartir unha xornada con estes xóvenes que practican o baloncesto en cadeira de rodas, e que tamén se exercitan na escola de natación. En total, nas escolas deportivas do Amfiv practican ambos dous deportes ao redor duns 40 alumnos e alumnas. Xunto aos responsables do clube, a delegada da Xunta amosou así o apoio que a Administración autonómica presta ao colectivo discapacitado.

 

 

Os novos valores da escola do Amfiv, que soñan con formar parte nun futuro non moi afastado do primeiro equipo, competir na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas e representar a Vigo e a Galicia nas competicións europeas, agradeceron a Molares o apoio prestado dende a Xunta nestes últimos anos ao club vigués para a adquisición de material deportivo, o que permitiu que, por primeira vez dende que se puxo en marcha a actividade de baloncesto, os alumnos da escola do Amfiv conten cunha cadeira de rodas de competición para poder adestrarse cada sábado pola mañá no Pavillón do Carme.

VISITALUCIA4VISITALUCIA3VISITALUCIA2

 

Lucía Molares visitou as Escolas Deportivas do Amfiv con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Patrocinador Principal

Iberconsa

Colaboradores

Hospital Nuestra señora de Señora Fátima Viaxes Zonda Coca Cola Altafit Gym Club

Patrocinadores institucionales

Concello de Vigo Deputación de Pontevedra Xunta de Galicia Turismo de Galicia

Abanca NON á violencia de xénero Fundación Vigo Deporte